O PP pide amañar os desprendementos do Parque Marcos Cela

O voceiro do Grupo Popular amosou a súa preocupación pola posibilidade de novos desprendementos de terra no Parque Marcos Cela e pola estabilidade tanto do mirador como dos taludes sobre a N-VI e a Volta da Viña na rúa Santiago co “risco que isto podería supor tanto para os usuarios deste paso como para os conductores e peóns que circulan por esta zona”.

Antonio Ameijide explicou que dende que en marzo se rexistraron os últimos corrementos de terra “con rocas de importante tamaño que caeron na escaleira á altura de Volta da Viña” o único que fixo o goberno de Lara Méndez foi colocar dúas vallas provisionais na parte superior do mirador “que sorprendentemente desapareceros sen ningún tipo de información que advirta si hai ou non risco de pasar por riba” e tamén criticou que “os socialistas nin tan sequera fosen capaces de retirar a terra e pedras que provocou este corremento de terra rexistrado o pasado 19 de marzo”.

Ameijide considera que os últimos desprendementos son un indicador que alertan da necesidad de acometer os traballos de consolidación e drenaxe da ladeira que asegura o mirador e esta zona verde “é unha mágoa que non se aproveite o verán para acometer estes traballos xa que é cando, por metereoloxía, é a mellor época para realizar obras deste tipo e para prevenir , que se reproduzcan novos corrementos de terra, de cara a nova temporada de chuvias”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com