O PP pide ao goberno a convocatoria urxente das prazas de Policía Local

O viceportavoz do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, pide ao goberno socialista que se “anticipe” á posible xubilación anticipada duns 30 axentes da Policía Local, despois de que o pasado venres aprobásese en Consello de Ministros o Real Decreto 1449/2018, do 14 de decembro, polo que se establece o coeficiente reductor da idade de xubilación en favor dos policías locais ao servizo das entidades que integran a Administración local que permite aos axentes deste corpo acollerse á xubilación anticipada, sempre que cumpran os requisitos establecidos. Por iso, Enrique Rozas pide ao goberno local que convoque, e desenrolar no seu caso, as prazas de Policía Local ofertadas nas OEP de 2015, 2016, 2017 e 2018 e anticipe a de 2019 para evitar que o corpo quede baixo mínimos, no que a efectivos refírese.

O viceportavoz popular fai esta petición baseándose en dúas premisas. A primeira, que o corpo de Policía Local de Lugo ten ao redor de 60 axentes menos dos que dita o cociente recomendado pola Unión Europea (1,8 policías locais por cada 1.000 habitantes, o que se traduce en 1 policía por cada 556 habitantes).

A segunda premisa é que na disposición transitoria segunda do Real Decreto, referida á taxa adicional de reposición da policía local, establécese que “de acordo co establecido na disposición adicional centésima sesaxésima quinta da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, e en aplicación da mesma, a taxa de reposición adicional será efectiva desde a presentación da solicitude de xubilación anticipada. A persoa interesada deberá comunicar á administración municipal correspondente a súa vontade de acollerse a esta modalidade de xubilación antes do día 31 de xaneiro de cada ano”, o que se traduce en que as administracións locais poden adiantar as prazas que se ían a publicar nas ofertas de emprego para “evitar que o corpo de Policía Local quede baixo mínimos”.

Enrique Rozas explica que “é preocupante que en Lugo teñamos unha cociente 1,2 axentes por 1.000 habitantes,  situación que se podería agravarse nas próximas semanas”. Por iso, o popular urxe unha “reacción” ao goberno socialista xa que “en 2 anos o cadro de persoal da Policía Local de Lugo podería reducirse nun 33% xa que un de cada tres policías poderían deixar de estar en activo”.

A isto engádese que a situación “é case insustentable” porque aínda que o goberno socialista local decidise convocar de inmediato as prazas, a reposición non é inmediata, xa que o período de formación dos axentes é de 9 meses, ao que se unen os exames do proceso selectivo ou a toma de posesión da praza. Para Enrique Rozas a situación actual é o resultado de “a neglixencia” dos sucesivos gobernos socialistas que houbo en Lugo nos útlimos anos, xa que todos pecháronse “ en banda” a refozar o persoal da Policía Local. “Nos últimos anos non houbo previsión de cubrir vacantes e o único argumento que se lles ocorre para defenderse é culpar á lei Montoro a pesar de que saben que é un argumento falso porque sempre se permitiu a reposición do 100% por xubilación na Policía Local”.

Cidadáns propón que se reserve un cupo aos militares

Pola súa banda, Cidadáns Lugo propón ao goberno local facilitar a entrada de membros do Exército Profesional na Policía Local da cidade.

A través dunha proposión que a voceira da agrupación, Olga Louzao, defenderá no Pleno da vindeira semana, a formación explica que “o adianto aos 59 anos a idade de xubilación dos policías locais pode deixar ao corpo de Policía nunha situación crítica ao quedar sen unha terceira parte dos seus efectivos pola posible xubilación de 38 dos 113 axentes cos que conta na actualidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com