O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, recorda ao goberno municipal o compromiso adquirido no pleno de construír un novo pavillón polideportivo na cidade, unha gran necesidade para desconxestionar as instalacións xa existentes, “saturadas” xa que “os lucenses practican moito deporte”.
Óscar Poy incide na necesidade de que esta infraestrutura sexa unha realidade, sobre todo, despois das acusacións realizadas polo voceiro do goberno local Miguel Fernández, nas que acusou ao Grupo Municipal Popular de levar ao pleno “asuntos que non son de interese para os lucenses”. Pois ben, a creación do polideportivo é unha demanda que os populares levaron a pleno neste mandato e no anterior e en ambas ocasións se aprobou a iniciativa. “Semella que quen non ten interese en facer cousas polos lucenses é o goberno local, que nos últimos anos non destinou nin un euro nos orzamentos á creación dun novo polideportivo en Lugo”, denunciou.
Por iso, o Grupo Municipal do Partido Popular se remitirá un rogo á comisión correspondente para recordar a iniciativa aprobada en pleno e que esta dotación se podería instalar en San Fiz.
O concelleiro popular recorda a necesidade de acometer a construción desta nova instalación, que podería situarse na zona de San Fiz, onde o Concello de Lugo ten terreos en propiedade. Neste senso, Óscar Poy recorda os 60.000€ que custaron aos lucenses, en 2015, o acondicionamento dos terreos que se destinaron a zona deportiva, pero que na actualidade presentan unha imaxe “lamentable, con maleza invadindo por completo todo o campo de terra”, facendo que esta zona quede “inhabilitada” para que calquera poida practicar deporte nesta zona.
Feb 08, 2020 - 10:45 AM
@antonioameijide Es que para tenerlo a monte sin uno ninguno después de haber gastado una millonada😡😡… https://t.co/gvsPPc3GFm