O PP pide asfaltar un tramo de 30 metros na avenida Xosé Fernández Núñez

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, pide ao equipo de goberno que escoite as peticións dos veciños da Avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez que dende hai anos solicitan o asfaltado dun treito da rúa, duns 30 metros aproximadamente, e unha mellora na limpeza da rúa.

Rafael Pérez afirma que “os veciños desta zona da cidade xa nos expuxeron en diferentes ocasións as súas demandas e, polo visto, ao goberno local non lle interesa dar unha solución ás súas peticións. Neste senso, a principal reivindicación dos veciños é un treito da rúa, ao carón da rúa Mar Cantábrico, que leva uns 30 anos sen asfaltar polo que solicitan unha actuación inmediata, que, como pode observarse cunha simple ollada, “conta con numerosas fochancas que dificultan a circulación”.

Nesta zona, continúo o concelleiro, “tamén sería preciso unha intervención nun solar de propiedade privada, pero que dende hai anos é de uso público xa que os veciños adoitan estacionar aí os seus vehículos”. Por iso, os populares piden ao goberno bipartito de Lugo que estude a posibilidade de actuar tamén nese solar privado para deixar a rúa en boas condicións.

Malia que se trata dunha zona moi reducida, “hai máis aspectos a mellorar, como a limpeza da rúa; incluso, sería preciso estudar a posibilidade de implantar algún paso de peóns máis, por exemplo, na esquina con Mar Cantábrico”. Subliñou.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com