O PP pide autorización ao Goberno provincial para visitar a que fora sede de Suplusa

Como recordo da desaparecida sociedade provincial Suplusa queda o edificio que lle serviu de sede, no número 11 de San Marcos, na capital lucense. Un inmoble restaurado, adquirido no 2008 pola Deputación, que mantén na súa fachada o letreiro que aínda o identifica como sede da sociedade urbanística.

A este respecto falaba hoxe o grupo provincial do PP que se interesou polo estado interior do inmoble agora sen uso.  Para iso, os populares solicitaron ao goberno provincial poder acceder a este edificio, segundo explica o portavoz popular, Javier Castiñeira.

O portavoz do PP sinala: “Entre outros bens, a Deputación de Lugo acaba de herdar un edificio no número 11 de San Marcos, na capital lucense, con catro plantas e case que 850 metros cadrados construídos, que servía como sede de Suplusa recentemente extinguida. Trátase dun edificio de gran valor e moi ben restaurado, que actualmente está sen uso. Por elo, o grupo provincial do PP acaba de solicitar autorización para poder visitalo e poder valorar un novo destino para el, debido a súa excelente ubicación fronte ao pazo de San Marcos”.

Castiñeira di: “Esperemos que, desta volta, si nos concedan o solicitado e non pase como co permiso que pedimos para acceder as instalacións do antigo taller de Manuel Mallo, en Begonte: denegáronnos o acceso por descoñecer, segundo  dixeron, o seu estado e coa vaga desculpa de velar pola nosa seguridade”.

Os populares sinalan que agora que o goberno provincial cambiou de estratexia, rexeitou no seu día crear o plan industrial no rural que solicitaba o grupo popular e que fronte a solicitude do PP renuncia a crear novos parques, como en Riotorto e noutros máis de 30 concellos que tiñan acordos con Suplusa, queren que este edificio siga sendo unha referencia. “Non entendemos a estratexia do PSOE e BNG de rexeitar a promoción de solo industrial e deixar esa responsabilidade á Xunta, como dixeron; nós cremos que todas as administracións deben participar e máis no caso da Deputación de Lugo que, neste terreo, foi unha referencia no seu día, como referencia é tamén este edificio que está sen uso”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com