O PP pide “coherencia ao PSOE xa que anuncia o contrario do que fai nas residencias da Deputación de Lugo onde a atención fana empresas privadas”

“A implicación do Goberno galego coa atención aos nosos maiores está demostrada” toda vez que, xunto cos Concellos, “é a que presta a maior parte do servizo en centros de atención con 402 prazas na provincia, máis de 1.000 concertadas e axudando a 1.268 usuarios en centros privados entre os que se atopan os da Deputación de Lugo, impulsando casas do maior que suban 120 prazas en concellos do rural e con axudas económicas a través dos Bonos Coidado”, explican dende o PP.

Non só o modelo de PSOE e BNG é a privatización, se non que o goberno bipartito abandonou o modelo de residencias da Deputación” como demostra a falta de orzamento para construír novos centros dos oito comprometidos que están pendentes de abrir”, din os populares.

O “abandono ás residencias” apréciase polo feito de que “Tomé botou aos veciños de Becerreá nos últimos dous plenos por pedir a posta en marcha da residencia comarcal xa rematada dende fai dous anos” Rematan.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com