O PP pide explicacións en comisión dos mobles “de luxo” que a alcaldesa comprou para o CEI-Nodus

O Partido Popular espera que o bigoberno aclare mañá na Comisión de desenvolvemento local onde están os toldos, sombrillas e cincerios para o exterior cuxas facturas figuran dentro da listaxe de contratos menores asinados en 2020 e que foron facilitados polo propio goberno.

Este mobiliario para decorar o xardín do edificio Centro de Empresas e Innovación que está situado en Garabolos “á gusto da alcaldesa custou 45.000 €. As facturas suman 45.180  € desglosadas en: 331,54€ dun cinceiro, 9.222,50€ das mesas e cadeiras; 5.989,50 € dos toldos; 6.388,80€ para sombrillas ; vinilos, mupis (10.288,16€); ambientadores (1.070 €)”. Todo este mobiliario mercouse “aos poucos” ao longo do ano pasado a través da fórmula dos contratos menores. Dende o PP insisten en que os caprichos do bipartito non teñen porque pagalos os cidadáns e “consideran un insulto comprar mobles de luxo nun ano tan complicado como este para moitas familias lucenses”.

Os populares piden explicacións ao PSOE e BNG de onde está parte deste mobiliario logo de que o pasado día 4 de febreiro os medios de comunicación recolleran as declaracións do concelleiro socialista Mauricio Repetto, indicando que era “totalmente falso que se mercaran toldos e sombrillas”. Os populares pregúntanse se se pagaron as facturas onde está o material.

O Partido Popular, contrario ao uso abusivo da fórmula de contratos menores que se utilizou para facer estas “caprichosas compras”, intentará forzar no pleno do xoves 25 de febreiro, que o goberno local acepte a creación dun rexistro de empresas para dar participación e facer que os procesos de contratación sexan máis transparentes evitando o uso abusivo dos contratos menores e dar cumprimento ao principio da libre concurrencia e a igualdade.

Os populares lamentan que o bigoberno de Lugo convertese en habitual unha práctica que debería ser excepcional e “a proba témola en que repartiu durante o pasado exercicio 6.722.179,35 € en 1.343 contratos menores”. Os populares detectaron ata nove casos nos que houbo un fraccionamento para evitar sacar os concursos públicos e, deste xeito, conseguir mellor prezo para o concello e dar participación a todos os autónomos e as PYMES.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com