Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP pide fortalecer o servizo de augas para frear o seu desmatelamento

O vicevoceiro do Grupo Popular afirma que os socialistas de Lugo seguen “na súa teima de privatizar servicios municipais que se poderían xestionar dende o propio concello”. Antonio Ameijide declarou que “unha das últimas prestacións que se externalizou en Lugo foi a da limpeza, conservación e mantemento das 8 fontes ornamentais que hai no casco urbano. Os populares entenden que a brigada de obras, que na actualidade está formada por 8 operarios e 2 traballadores eventuais, que rematan este mes o seu contrato, realizaba de forma eficiente este traballo”.

Os populares lamentan que os socialistas “aposten por duplicar gastos en vez de reforzar o servizo lembrando que poderían ampliar o cadro de persoal incorporando aos 4 operarios que quedaron sen funcións na vella potabilizadora cando entrou a funcionar a nova planta”. O popular reflexionou que non se entende que os socialistas estén despilfarrando máis de 100.000 € nun persoal que está sen funcións”.

O contrato para o mantemento das fontes asinouse en xullo por un importe de 35.323 € anuais e ten un prazo de vixencia dun ano, prorrogable para outro ano máis.  Ata o de agora era a brigada de augas a que se encargaba desta tarefa realizando o mantemento integral das fontes da Medusa (Garabolos); Cibernética (Fonte dos Ranchos); a Fonte dos Leóns (Praza de Avilés); a de Augas Férreas; a fonte das Rás (Xardíns García Morato); Praza do Campo e a da Pinguela na rinconada do Miño.

O popular defende “a capacidade e a profesionalidade” desta brigada municipal e, de feito, sempre apostaron por mellorar as súas condicións de traballo. Na actualidade o servizo conta con 10 operarios (dous deles acaban o contrato este mes) que atenden as 24 horas o servizo de augas da cidade así como o mantemento de todas as dependencias municipais”.

Ameijide lamenta que os socialistas “se empeñen en desmantelar paulatinamente o servizo de augas que consideran se podería xestionar con recursos propios. Nesa liña Ameijide lembrou como grazas ao Partido Popular se comprou a cabina especial para manipular as tuberías de fibrocemento evitando, así ,ter que recorrer a empresas externas cada vez que se producía unha fuga nunha canalización, o que multiplicaba os costes de reparación e retrasaba a solución das avarías”.

O popular lembrou que hai pouco máis dun ano, o 13 de setembro de 2015, o goberno local eliminaba a brigada de saneamento encargada da limpeza dos sumidoiros”. Ameijide explicou que coa xubilación do último encargado se daba carpetazo a este equipo”.

 

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com