Os populares piden “a máxima celeridade” na tramitación da produción do san Froilán xa que “neste momento está sen pechar a contratación dos escenarios e, ata o día 20, non está prevista a mesa de contratación co que se corre o risco de que se xurde calquera problema na mesma podería comezar o San Froilán sen ter escenarios”.
A concelleira popular explicou que “na Comisión o BNG informounos de que se tomou en consideración a batería de propostas que o Grupo Popular presentou” pero segundo Beatriz Vázquez “chama a atención que o bigoberno non incluíse ningunha das 15 propostas de agrupacións que presentamos para actuar no San Froilán”.
Os populares tamén cuestionan que “o bipartito renuncie a traer grupos de tirón nacional e internacional, con entradas a prezos populares, xa que moitos deles poñen esa condición para actuar”.
A edil do PP agarda que na reunión que o goberno local vai manter, “aínda a vindeira semana”, coas asociacións de Trastorno de Espectro Autista se confirmen as propostas que o PP fixo, en colaboración con estas entidades, para que o san Froilán sexa unha festa inclusiva.
Por último a concelleira popular amosa “o seu malestar porque a banda municipal de Lugo non tocará outro ano máis nas festas patronais mentres que si participarán outras catro bandas”.
Set 06, 2019 - 07:58 PM
Estarán preocupados por se non poden actuar os de Def con dos. Nerviosismo no PP, algo está a facer ben o BNG en Lugo.
Set 06, 2019 - 07:25 PM
Xa están cocidos, ainda falta un mes, coñooo