O grupo do Partido Popular no Concello de Lugo pídelle ao Goberno local que impulse melloras de tráfico no entorno do centro comercial Abella. O vicevoceiro dos populares, Antonio Ameijide, salienta que “é unha reivindicación que, ademais dos usuarios das instalacións comerciais, tamén comparten moitos veciños da zona”.
Entre as actuacións pendentes, “unha das máis urxentes é a actuación na regulación semafórica das interseccións entre a Avenida Breogán e a Rúa Orquídea e tamén entre a Rúa Orquídea e Aquilino Iglesia Alvariño”, nomeadamente nas horas de maior afluencia, tanto ao centro comercial como aos dous centros educativos das inmediacións (o CEIP de Casás e o IES Leiras Pulpeiro). “Todo iso sen descartar a análise de alternativas como glorietas ou outros sistemas que dean maior fluídez e maior comodidade na circulación”, apunta Ameijide.
Paralelamente, o popular tamén reclama melloras no ámbito do aseo e a limpeza urbana logo de que “coa total pasividade do goberno, tanto do anterior como do actual, se foron xerando vertedoiros en fincas do entorno”. “É evidente que hai unha situación de deterioro que non fai que esta zona non sexa atractiva”, resume Ameijide.