Ediles do Partido Popular no Concello de Lugo solicitan ao equipo de goberno que engada cinco rúas das Gándaras ao plan de barrios xa que o arranxo destas vías “é urxente” dado as grandes deficiencias que presentan e que dificultan a circulación aos veciños.
Os concelleiros Enrique Rozas, Mari Teijeiro e Ángel Trabada visitaron as rúas das Gándaras e comprobaron o malestar dos veciños, que aseguraron sentirse “invisibles” para o goberno socialista de Lugo, xa que, segundo dixeron, “levan anos pedindo o arranxo das rúas e ninguén fixo nada”.
As rúas que o Grupo Popular pide incorporar ao plan de barrios son a rúa Volvoreta, a rúa Bubela, a rúa da Aguia, a rúa Papo Rubio e a rúa Vagalume. Os populares denuncian que se trata de “rúas eternamente esquecidas” para os socialistas, de ahí “o malestar” dos veciños xa que a vexetación e os baches invanden estas rúas.