O PP pide por escrito o compromiso de que non haberá compensacións ao promotor do Garañón

O PP quere un compromiso oficial da alcaldesa para evitar novos gastos sorpresa que hipotequen máis aos lucenses e, nese senso, pedirá o vindeiro xoves no pleno municipal unha proposta para que a alcaldesa ratifique oficialmente, e acredite por escrito, que non haberá lugar a indemnización ou compensación ao promotor do Garañón cuxa construcción foi avalada polas licencias e permisos municipais outorgados co voto en solitario do PSOE e que foron anulados en vía xudicial.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que “en caso de existir algún tipo de indemnización ou compensación en relación á construcción das torres do Garañón, o Goberno Municipal do Concello de Lugo comprométese a iniciar de xeito inmediato, e de oficio, todos os trámites precisos para reclamar aos responsables políticos os custos destas posibles compensacións ou indemnizacións e lucro cesante, así como os derivados do retraso no cumplimento das sentenzas que obrigan á reposición da legalidade de dita obra”.

Ameijide explica que esta proposta ten o obxectivo de plasmar nun documento público as declaracións pronunciadas no pleno do mes de decembro de 2021, tanto por parte da alcaldesa como da concelleira de economía e recursos humanos, nas que facían referencia a un presunto informe de asesoría xurídica segundo o cal o Concello de Lugo non tería que indemnizar ou compensar ao promotor da obra do Garañón. O popular matizaba que “este informe a día de hoxe ainda non o puidemos consultar, si é que existe”.

O popular engade que diante da imposibilidade de ter acceso a dito informe nos diferentes departamentos do Concello, e tralas declaracións da sra. Alcaldesa: “a non indemnización non o digo eu, senón o asesor xurídico do Concello no seu informe. E nós temos plena confianza nos nosos técnicos” este Grupo Municipal require do equipo de goberno “o compromiso público e oficial de que non haberá que asumir ningún tipo indemnización ou compensación ao promotor da edificación do Garañón en base á licenza outorgada por un goberno socialista no Concello de Lugo, posteriormente declarada ilegal e anulada pola xustiza”.

Se non acepta este acordo é que nos mentiu e que ten moito que tapar e que agochar, resumiu Ameijide. Asimesmo, en aras á transparencia, este grupo esixe ao goberno bipartito “o estudo de custos do Garañón así como o proxecto técnico preciso para tirar as torres e reurbanizar a parcela que inclúa a totalidade daqueles aos que terá que facer fronte o Concello de Lugo, incluíndo o derribo real, non unha estimación, e as posibles indemnizacións e/ou compensacións para reconverter eses terreos en zona verde”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com