O PP pide que a Deputación acometa un plan de emprego

O Grupo Provincial do PP pedirá no próximo Pleno a posta en marcha dun plan provincial de reactivación e fomento do emprego coa finalidade de promover a contratación por parte dos concellos de persoas desempregadas.

Elena Candia, explicou que se demanda que “a Deputación de Lugo poña en marcha un plan provincial de reactivación e fomento do emprego para os concellos da provincia de Lugo, dirixido especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión, é dicir, os menores de vinte mil habitantes destinado a promover a contratación de persoas desempregadas polos propios concellos beneficiarios, para a prestación de servizos municipais básicos, así como a realización e o mantemento de obras locais”.

Pide ademais “que o reparto se realice atendendo aos mesmos criterios establecidos para o Plan de Obras e Servizos de competencia municipal e de estradas para o ano 2015”. Así mesmo, solicita “que cada concello determine o número, o perfil profesional e os grupos de cotización dos desempregados que necesite contratar para cubrir as súas necesidades, así como que cada administración local leve a cabo a convocatoria, o proceso de selección e contratación  dos traballadores desempregados”.

Por último, o PP require que o equipo de goberno elabore e someta ao pleno a aprobación das bases que rexerán este plan provincial de reactivación e fomento do emprego.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com