O voceiro do Partido Popular Ramón Carballo anuncia que pedirá un pronunciamento da alcaldesa socialista de Lugo e do seu vicealcalde sobre a petición de Adega de habilitar “unha zona de baño pública na franxa de 5 metros que o Club Fluvial ocupa xunto ao río”.
Ramón Carballo espera que o Goberno non aproveite esta circunstancia para que os máis de 17.000 socios da entidade lucense perdan o uso e o disfrute desta zona. Nese senso os populares piden a Méndez e Arroxo que medien coa Confederación Hidrográfica para chegar a “unha solución satisfactoria para todos”.
Carballo insiste en que Lugo non ten que apropiarse das instalacións do Club Fluvial, senon que ten que acondicionar “unha ou dúas praias fluviais públicas”. O voceiro popular engadiu que “estas dotacións non se materializan pola incompetencia de PSOE e BNG que, tras anos de reiteradas promesas, confórmanse cunhas charcas no Parque do Miño, sen ningún tipo de peche perimetral, con auga da billa quentada cun quentador”.
Xul 01, 2021 - 05:55 PM
E os lucenses que non somos socios, e nos impiden pasear pola beira do Río nesa zona , tamén podemos pronuninciarnos ¿non, sí?