Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP pide que se estude “a eliminación” do posto da Dirección Xeral de Persoal

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, reclámalle á alcaldesa de Lugo que estude “eliminar” o posto da Dirección Xeral de Persoal, dado que “nos sete meses que transcorreron dende a súa creación, demostrouse a ineficacia e a inutilidade dun cargo que estivo cuestionado dende o primeiro momento”.

Nese senso, o popular asegura que “o máximo responsable do desgoberno que reina nesta materia é o goberno e, máis concretamente, a alcaldesa, que é quen ten atribuídas directamente as competencias sobre os recursos humanos”.

Así mesmo, o vicevoceiro popular tamén alude a que “este posto tampouco se xustifica se se analiza a falta de avances na convocatoria dos postos contemplados na Oferta de Emprego Público do ano 2015 e do ano 2016 ou a inexistencia de melloras en servizos que os socialistas foron paulatinamente desmantelando”, como o de augas ou o dos electromecánicos.

Por último, o popular alerta de que aos lugueses sáenos “moi caro” o “capricho político” de PSOE, Ciudadanos e Lugonovo de crear “un cargo que se demostrou que non era necesario”. “Lugonovo tiña neste posto a escusa perfecta para apoiarlle despois as ordenanzas fiscais de 2017 a este goberno e, coas desculpas destes días do voceiro socialista respecto da contabilidade creativa e mutante de Lugonovo, parece que tamén terá desculpa para sacarlle adiante os orzamentos municipais deste exercicio do que xa vai case un mes”, conclúe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com