O PP pide que se reforce a brigada de augas municipal para garantir un servizo eficaz

O Partido Popular pide á alcadesa de Lugo, Paula Alvarellos, que escoite as súas propostas para garantir un servizo eficaz e evitar máis fallos na reparación de fugas en festivos e fins de semana. Os populares insisten en que se reforce a brigada municipal tal e como solicitaron cunha emenda aos orzamentos de 2024 aclarando que “non poden dicir que non teñen recursos xa que, nos últimos oito anos, recadaron 26.6 de todos os lucenses polos recibos de auga e de alcantarillado”.

O PP leva anos denunciando que PSOE e BNG desmantelaron a Brigada Municipal de Augas: “Non lles pagaron as horas extras; obrigáronnos a recurrir á xustiza; a plantilla era escasa e non estaba ben dimensionada”. Co ánimo de reforzar esta brigada dende o PP presentaron unha
Emenda aos orzamentos de 2024 “para destinar fondos para reforzar o equipo contratando a máis persoal pero caeu en saco roto”.

Para os populares “a mala xestión das fugas de auga é un exemplo da insensibilidade co medio ambiental do goberno local de Lugo xa que estas avarías, cando se producen en festivos ou fins de semana, poden pasar varios días sen resolver o que supón un desperdicio de recursos hídricos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com