O PP pide un informe xurídico sobre os riscos de que o Concello teña que asumir a traballadores da ORA

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, anuncia que vén de pedir ao goberno local a elaboración dun informe xurídico sobre os riscos de que a administración municipal teña que rematar asumindo a empregados da ORA.

Tal como detalla Ameijide, do que se trata é de saber se “as denuncias  cruzadas entre traballadores e empresa, que se atopan actualmente en fase de xuízo, poden repercutir sobre o Concello” debido á maneira coa que se xestou a suspensión do servizo que o popular tildou de “improvisada, irresponsable e que raia a inconsciencia política”.

Ameijde afirmou que os lucenses están a pagar cada día as consecuencias da suspensión da ora “cunha mobilidade cada vez máis complicada e, agora, tendo que incorporar por sentenza xudicial a este persoal”.

A este respecto, Ameijide incide na necesidade de que “un técnico experto na materia” poida avaliar esta circunstancia e, sobre todo, “previr e anticiparse ás implicacións, tanto económicas como en materia de persoal, que se poidan derivar da decisión da alcaldesa en  xullo de 2015”.

Paralelamente, o vicevoceiro popular insta á socialista a cobrar á concesionaria pola instalación dos parquímetros en concepto de ocupación de vía pública “como faría con calquera outra empresa nestas mesmas circunstancias”. Ameijide detalla que “aínda que somos conscientes de que este cobro tería un impacto económico moi reducido para as arcas municipais que se situaría en torno a 4.000 euros anuais si tería unha carga simbólica importante”.

O popular valora que a impresión que lle queda ao seu partido é a de que Lara Méndez conséntelle a Doal certos comportamentos “sen velar polos intereses dos luceses como fixeron no seu momento López Orozco e Fernández Liñares”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com