O Partido Popular denuncia o afundimento de adoquíns na rúa Soto Freire e achaca esta situación “a que se trata dunha obra que quedou mal executada” lembrado xa que “esta vía leva aberta tan só dende hai dous anos”. O concelleiro popular Rafael Pérez Prado asegura que tal e como está Soto Freire “semella que a inauguraron hai máis dunha década” indicando que “a imaxe de deixadez se agrava cando comprobamos que das sete árbores que se plantaron só sobrevive unha”.
Para o PP este problema dos adoquíns afundidos non é exclusivo desta vía “é unha tónica noutros puntos da cidade” como por exemplo “na praza de Alacante onde hai pozas que obrigan aos veciños a ter que mirar para o chan cando caminan senon queren enchouparse”.
O edil do PP tamén explicou que “en Campo Castelo as salpicaduras de auga son diarias xa que ainda que non chova como se rega a zona a primeira hora os lucenses que pasan por esta zonan non se libran de mollarse”, sinalou a edil popular.
Para o Partido Popular estas vías son tres exemplos que mostran o deterioro do pavimento que hai na cidade “no caso de Soto Freire son consecuencia dunha mala execución da obra que se intenta solventar con parches e arranxos puntuais; na Praza de Alacante ou mesmo no casco histórico o afundimento podería estar provocado polo paso de vehículos, algúns deles, como os de repartos, de bastante peso”.
Dende o PP, solicitan “que se faga unha planificación para reparar en profundidade e de forma periódica as vías con adoquíns que hai na cidade”.
Mar 03, 2020 - 10:36 PM
Coma tantas en Lugo, gobierne quen goberne