O Partido Popular de Lugo denuncia que o Goberno local perde “de forma irresponsable e sen xustificación” entre 400 e 800 horas ao mes do Servizo de Axuda no Fogar que proporciona a Xunta. A concelleira popular Mari Teijeiro lamenta que haxa persoas dependentes que queden sen esta prestación “porque os socialistas non consumen o total das 9.496 horas mensuais de axuda no fogar que lles concede a Xunta”.
Teijeiro afirma que “cunha xestión máis eficaz se reduciría a lista de espera deste servizo”, que este mes sumou 186 persoas que agardan que se lles conceda esta prestación.
A popular manifesta que, se ben “é sensato deixar unas horas disponibles por se hai que atender algunha emerxencia”, considera “igual de insensato deixar sen consumir de forma periódica case un 10 por cento”.