O PP pídelle á Deputación que subvencione as escolas de músicas municipais

O Grupo Provincial do PP rexistrou unha moción para debater no vindeiro Pleno na que pide que a Deputación habilite unha liña de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinada a subvencionar ás escolas municipais de música. Para iso, os populares demandan que se teñan en conta tres aspectos fundamentais: o esforzo e implicación realizado polas administracións locais, a organización educativa e a capacidade de dinamización sociocultural.

O PP destaca o gran labor que están a levar a cabo cada unha das escolas de música municipais que existen na provincia, un traballo que representa un importante desembolso económico para os concellos, posto que o seu mantemento supón investimentos que oscilan entre os 25.000 e os 225.000 euros, dependendo do municipio do que se trate.

A voceira do PP, Elena Candia, considera que se fai necesario dotar ás administracións públicas que sustentan escolas de música con recursos suficientes para levar a cabo a tarefa educativa, con especial dedicación e facilitando que podan ofertar un ensino de calidade.

Deste xeito, o PP pensa que xorde a necesidade de que a Deputación de Lugo se comprometa a axudar, non de xeito puntual, senón a través dunha liña de axudas consolidada, para dar contido a estas escolas de música e propiciar deste xeito que podan traballar de forma estable ao longo do tempo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com