O PP pon a disposición da cidadanía un whatsapp para queixas e suxestións

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, presentou unha nova canle de comunicación cos lucenses posta en marcha dende o grupo popular: un número de whatsapp.

A través desta iniciativa “queremos dar máis posibilidades” aos lucenses para poñerse en contacto cos concelleiros do Grupo Popular xa que detectamos que, dende o inicio da pandemia, é necesario dar aos cidadáns outras canles de comunicación coas oficinas do grupo municipal para realizar consultas, plantexar dúbidas ou queixarse da falta de actuacións do goberno local, polo que coa posta en marcha desta nova canle de comunicación poden poñerse en contacto cos concelleiros, enviar fotografías ou realizar todo tipo de consultas.

Ramón Carballo explica que a través desta nova canle todos os lucenses poderán ter unha comunicación máis áxil e fluída cos concelleiros populares xa que a comunicación será inmediata. “Dende o Grupo Municipal Popular queremos mellorar Lugo, queremos que cada lucense que o desexe se poida poñer en contacto con nós para comentarnos os seus problemas e tentar axudarlle a solucionalos e entre todos facer un Lugo mellor”, sinalou.

A través desta canle que se abre por whatsapp “tamén melloraremos a comunicación cos afiliados e simpatizantes do Partido Popular xa que
todos os que o desexen poderanse dar de alta nun servizo de comunicación e lles remitiremos cumprida información do traballo que se desenvolve dende o Grupo Municipal para que poidan estar ao tanto de todos os temas e iniciativas que se realizan”.

Finalmente, o voceiro popular explica que o número que os lucenses teñen que incluír nas súas axendas para poder comunicarnos a través de whatsapp é o 626.367.127.

Novas relacionadas

  1. Ramón Tlopez
    Abr 08, 2021 - 09:44 PM

    Pasádeme ese teléfono!!!
    Voume quiexar da corrupción do PP a ver se o poden solucionar e o comentan no próximo pleno do concello.

    Reply
    • Luis Díaz
      Abr 08, 2021 - 09:59 PM

      Ramón Tlopez supoño que dará conta del El Progreso. Otro diario amigo, oiga.

      Reply
  2. Luis Díaz
    Abr 08, 2021 - 08:48 PM

    ¡ bo !

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com