O Grupo Municipal do PP preguntará en comisión “cales son os motivos polos que a Casa dos Mosaicos permanece pechada ao público, e en que prazo estima o goberno local que se poderá permitir o acceso a visitantes”. A concelleira popular Beatriz Vázquez lembra que esta sala, situada na rúa Doutor Castro, é un dos museos con máis éxito da rede museística local e, por ese motivo, bota en falta que nin tan sequera se sinalice no exterior “a título informativo que está fóra de servicio”.
Outra das suxestións que presentará o PP á comisión é un rogo relativo aos folletos informativos que se distribúen nos museos municipais. A concelleira Beatriz Vázquez indicou que como neste momento estes dípticos están esgotados e só se dispón dun xenérico “sería interesante facer unha reedición dos unitarios porque o común incorpora unha información demasiado escueta”.
Outro folleto que está a piques de esgotarse é o das rutas accesibles en Lugo feito en colaboración con Auxilia no que se indican varios itinerarios para visitar os diferentes monumentos da cidade en cadeira de rodas. Por este motivo, os
populares tamén instan a que o concello volva a editar este folleto.