O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, desvela que “esta mañá comprobamos por casualidade” como axentes da Policía Local estaban a inspeccionar as pegatinas colocadas polo vicealcalde de Lugo nos radares da cidade.
Antonio Ameijide explica que “temos as nosas dúbidas da legalidade destas sinais e ao ver á Policía Local estudando estas pegatinas “indagamos máis no tema” e descubrimos que Rubén Arroxo podería incumprir o artigo 142 do Reglamento Xeral de Circulación que fai referencia a instalación, retirada ou modificación da sinalización sen o permiso pertinente, unha infracción que, en caso de confirmarse, pode ocasionar unha sanción de 3.000 € ”.
O concelleiro popular recorda a Arroxo “que hai anos que os radares de Lugo levan anos correctamente sinalizados na cidade” e “que lle pode costar bastante caro saír na foto”, se finalmente non tiña o permiso pertinente
Antonio Ameijide finalizou a súa intervención afirmando que se presentarán preguntas para coñecer se Rubén Arroxo contaba cos permisos oportunas para colocar estas pegatinas e se as mesmas se axustan á legalidade e cumpren coas medidas legais estipuladas
Xul 20, 2019 - 12:40 AM
Bueno. polo de agora logo todo ben. Se o pepe a maior das súas preocupacións son unhas pegatinas é que non vai mal a cousa…enfin.
Xul 19, 2019 - 11:30 PM
O ilegal é o PP, que non se quere enterar!
Xul 19, 2019 - 10:20 PM
Y el caballero concelleiro , se preguntó alguna vez si la operación de venta de pisos sociales en Madrid a un fondo buitre por parte de Ana Botella era legal ?
Xul 19, 2019 - 10:01 PM
Podría explotar Lugo…
Xul 19, 2019 - 08:44 PM
Meu deus, o Ameijide ese debe ser aínda máis parvo do que aparenta 🤦
Xul 19, 2019 - 07:53 PM
Supoño que é normal que estén atorados fora do seu hábitat natural: o puticlub
Xul 20, 2019 - 12:41 AM
non sei se rir ou chorar con esa pedrada. Botei unhas risas….pero o malo grave e triste é pensar que ten moito de verdade.