O PP preguntará en Comisión polas respostas do Concello ás reclamacións polo sobrecuste da auga

Continúan as polémicas en torno aos cobros excesivos nos últimos recibos da auga. As reclamacións de lucenses por esta taxa municipal continúan chegando diariamente ás oficinas do Concello por cobros que superan ata en 10 veces a taxa habitual dos veciños chegando, nalgún caso ata preto dos 700 euros.

E, precisamente, destas reclamacións fíxose eco hoxe o Partido Popular, quen presentará mañá á Comisión de Queixas do Concello 15 destas reclamacións por sobrecustes da auga das que o Concello só respondeu a dúas delas contestando que estaba ben feita a correspondente lectura. 

Para os populares “é moi revelador” que a unha destas veciñas se lle advirta na resposta que “es necesario que las reclamaciones sean presentadas en el modelo estandarizado”. Esta resposta o que confirma, di o voceiro popular Ramón Carballo, é que “o goberno vai poñer todas as trabas posibles para non devolver os cartos que cobraron de máis un cento de lucenses”.

Neste caso a afectada recorrerá ao 010 para trasladar a súa queixa (a afectada preguntaba os motivos polos que en febreiro de 2021 lle cobran 146 € un cifra que duplica a que pagou no mesmo periodo do ano 2020). “Está claro que non teñen ganas nin de traballar, nin de solucionar este problema que afecta a máis dun cento de veciños de Lugo Discriminación tecnolóxica Noutra orde de cousas os populares explican que co sistema actual de consulta dos importes dos recibos de auga atopámonos cunha discriminación tecnolóxica xa que non todo o mundo ten acceso a
Internet ou ten habilidades para acceder á información que se publica nunha páxina pouco intuitiva”.

Para os populares o concello de Lugo debe proporcionar aos veciños “un sistema sinxelo e accesible” para levar a cabo a lectura dos contadores de auga. Neste momento “hai unha discriminación tecnológica brutal xa que só se pode acceder por vía telemática nunha páxina nada intuitiva”.

Nós propoñemos crear unha aplicación móvil a través da cal os usuarios envíen unha foto co consumo real do seu lector; tamén se podería habilitar un teléfono para transmitir a documentación ou ben un apartado específico da páxina web do concello para anotar o consumo trimestral. Por último o PP insiste en que é necesario modificar a ordenanza e, entre outros aspectos, indica que “o feito de que non se fale das lecturas estimadas e non haxa un procedemento de cálculo xera indefensión aos afectados, asegurando que como non se marca se o prezo do m3 é mensual ou trimestral tamén provoca indefensión”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com