O PP preguntará polo non funcionamento dos avisadores acústicos dos semáforos

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Macamen López, destaca un dos grandes problemas que hai en Lugo a nivel de accesibilidade: os avisadores acústicos do semáforos da cidade deixaron de funcionar.

Macamen López explica que é moi importante recuperar estes dispositivos para facilitar o día a día ás persoas discapacitadas que precisan destes elementos para facer máis doado o seu día a día. Neste eido recorda que o goberno local está a pagar con reparos de legalidade á empresa encargada do mantemento do sistema, pese a que practicamente todos os avisadores acústicos dos semáforos da cidade non funcionan.

Segundo este contrato, cada tres meses deberían de supervisar e axustar o volume dos avisadores acústicos, pero a realidade é que en moitos casos non se está realizando control algún e de feito case todos están estragados ou desactivados.

Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular presentaranse preguntas en comisión para coñecer o número de dispositivos acústicos que hai nos semáforos de Lugo, cantos están estragados, cantos desactivados, os motivos de apagalos ou dende cando están apagados, entre outras cuestións.

Incluso, o goberno local debería e podería ser máis ambicioso e optar por outros sistemas máis innovadores que hai no mercado e que permiten, por exemplo, aos discapacitados visuais activar os avisadores acústicos dos semáforos cando se achegan a eles para evitar que funcionen continuamente sen necesidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com