O concelleiro popular Antonio Ameijide explicou as propostas do PP para facilitar o aparcamento no barrio de Fontiñas dando dúas posibles
localizacións “unha á altura do número 105 e outra á altura do número 129, creando máis de 400 prazas de aparcamento”. Os populares recolleron máis de 1.000 sinaturas de veciños deste barrio solicitando ao Concello que constrúa aparcamentos nesta zona.
Dende o Grupo Municipal Popular piden que se realice un estudo pormenorizado para dotar de aparcadoiros disuasorios os distintos
barrios da cidade, “tanto en terreos públicos como negociando a cesión, arrendamento ou adquisición de solares privados onde sexa necesario” e poñen como exemplo, que tamén beneficiaría á veciñanza de Fontiñas, “os solares municipais da rúa Primavera onde se poderían crear 100 prazas de aparcamento”.
Os populares insisten na necesidade de implantar en Lugo un sistema de rotación do aparcamento nas zonas da cidade con maiores problemas de estacionamento “para garantir que hai prazas dispoñibles”.
No PP tamén ven necesaria habilitar prazas de aparcamento temporal nas proximidades de zonas de gran densidade comercial para facilitar o
acceso a estes e así asegurar que os seus usuarios teñen un acceso áxil e cómodo a estes negocios