O PP presenta aos comerciantes as axudas da Xunta para modernizar os seus negocios

O Partido Popular de Lugo presentou hoxe a maís de cincuenta comerciantes as axudas para modernizar e mellorar os seus negocios, nunha xuntanza á que asistiron o presidente local, Ramón Carballo, a voceira popular, Elena Candia e o Director Xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén Castro.

As novas liñas de axuda son para apoiar a dixitalización, modernización e sostibilidade ambiental dos establecementos comerciais, así como “fomentar a empregabilidade e axustar a oferta e a demanda mediante a formación á carta”. Ademais, destacaron o apoio aos autónomos, o retorno emprendedor e a aposta pola transformación das prazas de abastos en mercados excelentes”.

Candia  afondou “nas dificultades derivadas das obras de peonalización e que xera problemas de accesibilidade ao centro. Para a accesibilidade ao centro, subliñando que moitos establecementos se viron obrigados a pechar nos últimos tempos polas dificultades derivadas dunha mala xestión das obras”. Asemade lembrou como en decembro “o goberno local votou en contra dun Plan de Apoio ao pequeno comercio, ao igual que fixera o ano anterior, onde ademais de acción concretas se reclamaba reactivar a Mesa de Comercio local como canle de cooperación coa administración.

Tamén durante o encontro, o Director Xeral de Comercio, Gabriel Alén Castro, explicou anova orde de axudas da Xunta, dotada con 3,9 millóns de euros e que unifica por primeira vez tres liñas de apoio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com