O PP presenta as liñas mestras para os orzamentos de 2017

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, presentou as súas liñas mestras para os orzamentos de 2017 nas que se engloban un cento de propostas para mellorar Lugo. O popular explicou que para o PP “son irrenunciables tres líneas de traballo encamiñadas á reactivación económica e o emprego, ao control do gasto e á reorganización do Concello así como ao reequilibrio dos barrios así como a posta en valor do noso patrimonio para que Lugo sexa un destino turístico de primer nivel”.

Os populares anticiparon hoxe as súas propostas para incorporar ao borrador de orzamentos matizando que as súas suxestións “son serias, responsables e cumpribles e que responden ás demandas dos lucenses”.

Castiñeira reclama aos socialistas que reserven unha partida de 6M€ para crear 3 liñas de apoio económico para incentivar a creación de novas empresas, de novos postos de traballo e o fomento da rehabilitación de vivendas, edificios e espazos públicos de todo o Concello. O concelleiro popular explicou que “estes fondos terían que distribuirse en tres capítulos: 2M€ para a posta en marcha de empresas innovadoras ou que non compitan con outros proxectos existentes no seu entorno; outros 2M€ para contratar traballadores censados en Lugo e para fomentar a estabilidade laboral a través dunha liña específica de 3.000€ para empresas que xeneren novos contratos cun mínimo de duración dun ano; a última achega de 2M€ sería para a rehabilitación de edificacións do municipio con especial atención ao entorno do Camiño Primitivo e a Muralla.

De cara a mellorar os servizos básicos do Concello, os populares reclaman unha xestión eficaz de todos os servizos municipais, destacando “o ciclo da auga ou o mantemento do alumeado público”.

Castiñeira tamén reitera a necesidade de elaborar un estudo no que se estimen os custes de mantemento dos edificios municipais e insiste en que a reorganización de persoal é fundamental “para reducir as numerosísimas asistencias técnicas que se contratan” e que, cunha boa dirección política, podería asumir perfectamente o persoal municipal.

O Grupo Popular tamén condiciona o seu apoio aos orzamentos municipais nun paquete de actuacións encamiñadas ao equilibrio entre os barrios, crear zona multideporte na contorna do Pazo de Feiras completar o cinto verde do parque Miño-Rato. O Grupo Popular tamén pedirá unha partida para o equipamento e posta en marcha do novo auditorio de Magoi, a instalación dunha cuberta desmontable para a piscina exterior en Frigsa e a cobertura do parque infantil de Augas Férreas son outras das propostas que o Grupo Popular incorpora aos orzamentos de 2016. O ascensor de Fontiñas a Ramón Montenegro e o do Sagrado Corazón, en Carlos Azcárraga, son outras dúas infraestructuras que se deben contemplar nos orzamentos para 2017. Partidas para a revisión do PXOM e do Pepri; así como para o desevolvemento dos urbanizables do Plan Xeral no casco urbano (Louzaneta) ou dos terreos no entorno do Hula, así como o desenvolvemento dos plans especiais dos núcleos rurais.

Para  servicios sociais os populares reclaman a posta en marcha do Pacto contra a Pobreza e presentan un paquete de actuacións en materia de accesibilidade, maiores e dependencia.

No eido rural destacan unha decena de propostas encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos veciños “das nosas parroquias”. Nese senso solicítanse partidas para reparación, mantemento e conservación de vías así como para a limpeza de cunetas así como o saneamento, entre outras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com