O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, lamentou esta mañá que Lugo sexa un dos principais concellos esquecidos polo presidente do Goberno do Estado, Pedro Sánchez. Así o dixo o popular logo de considerar que Sanchez ningunea ao municipio ano tras ano, ao negarlle, retrasarlle ou bloquearlle, dixo o popular, infraestruturas e servizos que todos os lucenses necesitan. Así resumia Carballo o que tildou de “decálogo de agravios” que presentou acompañado por deputados e senadores do seu partido, ademáis do voceiro provincial do PP e a presidenta do Partido.
Ramón Carballo afirma que o desenvolvemento das infraestruturas é imprescindible para vertebrar Lugo sobre todo, tendo en conta que, en comparación co resto das capitais de provincia galegas é unha das peores conectadas. Todo iso, como consecuencia da perda progresiva do peso nas decisións do Goberno de España, para quen as necesidades dos lucenses semella que deixaron de ser prioritarias.
De feito, o Executivo que preside Pedro Sánchez aprobou uns orzamentos xerais do Estado para 2021 con importantes recortes para o municipio que tiveron a súa tradución, por exemplo, na ausencia de recursos para investimentos en autovías con proxectos en fase de elaboración ou xa rematados e, de xeito moi destacado, no ámbito das infraestruturas ferroviarias que permitirían a chegada da alta velocidade.
Lugo nin pode, nin merece agardar máis por uns investimentos que xa deberían de estar en execución ou rematados tralo pulo do Goberno Popular, coa redacción dos proxectos e a súa dotación orzamentaria, e que foron paralizados ou retrasados polo Goberno de Sánchez.
Ante esta situación, o Grupo Municipal Popular presentará unha iniciativa ante o pleno para instar ao Goberno do Estado a poñer en marcha os mecanismos necesarios para resarcir aos lucenses do maltrato ao que Pedro Sánchez os ten sometidos.
Mai 15, 2021 - 12:27 AM
Pavernosmatao