O PP presenta un proxecto de humanización para Nadela e esíxelle ao goberno local que xestione o traspaso da antiga N-VI

O Partido Popular de Lugo presentou esta mañá, un proxecto para a humanización da travesía da antiga N-6 ao seu paso por Nadela. “Trátase dunha actuación demandada dende hai anos polos veciños, que levan tempo reclamando unha transformación urbana que mellore a seguridade, a accesibilidade e a calidade de vida nesta zona”.

Os populares instan ao goberno local a “dar conta das xestións realizadas co Ministerio de Transportes para o traspaso desta vía lembrando como o goberno local, aínda que recoñeceu a preguntas nosas en comisións que se estaban mantendo negociacións co Ministerio, pasan os anos sen que haxa avances reais. (En comisión celebrada o  20 de xaneiro de 2023 dixo Miguel Fernández declarou que “estase negociando, lévao a alcaldesa directamente, fixo varios contactos no Ministerio, e está seguindo o tema. Tan pronto haxa resultados, ou o que sexa, farásevos chegar…)”.

Meses despois, continuou a voceira do PP, “en setembro de 2023 levamos o tema ao Pleno, esixindo que se impulsasen as xestións co Goberno Central (Puxémonos no seu día en contacto co Ministerio, a propia alcaldesa persoalmente, e seguimos traballando e máis cedo que tarde, sobre todo se deixan de enredar, pois antes cedo que tarde, digo, trataremos de darlle solución”. No 2024 “conseguimos unanimidade para facer un plan de mellora dos accesos a Lugo que incluía Nadela. Pero a realidade é que seguimos sen novidades e este núcleo continúa partido en dous por unha estrada nacional que xa non ten o tráfico doutros tempos”

A proposta popular que hoxe presentou o PP inclúe medidas concretas para a mellora desta travesía: a humanización da vía con beirarrúas axeitadas, iluminación eficiente, zonas verdes e mobiliario urbano. “O noso proxecto está pensado para mellorar o día a día dos veciños e converter Nadela nun espazo urbano atractivo”.

O proxecto do Grupo Municipal contempla a supresión dun dos tres carrís e habilitar para habilitar unha zona de aparcadoiro e resolver é a fuga dunha tubaxe de saneamento que verte augas residuais. O goberno local ten que poñer fin a esta situación afeando que presuman de ecoloxistas pero á hora da verdade son incapaces de facer unha canalización nun tramo de 100 metros”.

A revitalización de Nadela, segundo o PP, tamén pasa pola posta en valor da súa carballeira, un espazo emblemático que acolle a única feira tradicional do Concello de Lugo. “É un punto de encontro para a veciñanza e unha parte fundamental da identidade da zona. Queremos que este espazo recupere o seu esplendor e se converta nunha referencia tanto para os residentes como para o resto dos lucenses”, explicaron desde.

Candia tamén falou de mobilidade  e seguridade viaria “a mellora da iluminación na rotonda, onde conflúen a A-6, a A-54 e a estrada LU-546  e o corredor Sarria/Monforte e a instalación de redutores de velocidade e pasos de peóns e supresión de sinaléctica en desuso”

Pola súa banda a veciñanza reclamou “que se amplíe o percorrido do bus urbano, para que en lugar de quedar na parte baixa chegue ata a rotonda e solicitaron a recuperación da toponimia dos lugares da contorna,  reforzando a identidade do lugar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com