O PP presentará un plan de medidas para apoiar aos sectores afectados pola pandemia en Lugo

O Partido Popular presentará unha iniciativa cun Plan de medidas para apoiar a hostalería, distribución, pequeno comercio e outras actividades que acrediten perdas como consecuencia da pandemia, na cidade de Lugo. O voceiro popular Ramón Carballo propón rebaixar impostos como, por exemplo, o da recollida de lixo ou o do uso de espacio público por terraza.

O PP propón que os hostaleiros estén exentos deste imposto ata o verán de 2021. Como terceira medida o Grupo Popular reclama bonificacións, proporcionais co peche- xa sexa por decreto ou por un positivo covid na empresa que obrigue a baixar a persiana- no IBI anual aos locais comerciais ou hostaleiros con actividade.

O voceiro popular xustificaba estas propostas manifestando que “sen dúbida, o impacto desta crise está a ser enorme nun dos sectores máis
importantes da nosa cidade e os traballadores e responsables dos comercios, bares e restaurantes que tiveron que pechar as súas portas están sen ingresos, con todo o que esto conleva”. Carballo tamén lembrou como unha das prioridades do seu Grupo, e que xa plantexou nas achegas para elaborar os orzamentos de 2021, é a creación dun Fondo Covid 19 de 5M€ para os sectores económicos máis castigados pola crise con axudas directas para pagar seguros sociais, gastos fixos ou o pago de préstamos, aplicable segundo o tamaño da empresa e para perdas de máis do 50% dende marzo de 2020.

Outro aspecto que a xuizo do PP, neste momento, é máis necesario que nunca é a potenciación da Mesa Local de Comercio para que funcione como unha canle eficaz de intercambio de información e propostas cos representantes do comercio. “É imprescindible manter un contacto directo con comerciantes e hostaleiros, escoitalos e definir conxuntamente accións para colaborar co sector de cara a campaña de Nadal e para estar preparados para cando volva a normalidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com