Os populares defenderon esta mañá en comisión un rogo para que se deseñe un diploma tipo a Muxiana, Fisterrana ou Compostela, para aqueles peregrinos que veñen dende Oviedo, ou ben como mínimo dende o límite da provincia de Lugo.
A concelleira popular Beatriz Vázquez fixo esta petición logo de manter un encontro coa directiva da Asociación de Amigos do Camiño, entidade que traballa para potenciar o Camiño e que este sexa un atractivo turístico de primeira para Lugo.
Vázquez explicou que “o paso dos peregrinos que veñen da Fonsagrada beneficiaría máis á hostelería, que se toman como punto de partida Lugo, xa que farían noite na cidade e máis gasto en establecementos do municipio”.
A popular propón tamén un deseño de diploma que inclúa os tres patrimonios da cidade, o que ve coma “un aliciente para moitos peregrinos que coleccionan este tipo de documentos”.
Os populares cren que “ainda estamos a tempo de recuperar o tempo perdido á hora de promocionar e captar peregrinos de vilas con tradición xacobea e impulsar á cidade de Lugo como lugar de paso do Camiño Primitivo” e piden ao bigoberno “que tomen decisións e traballen para favorecer a súa posta en valor”.
Abr 22, 2021 - 04:25 PM
Outro tema absurdo, cousas do PP de Lugo, que non encontrá formula para facerse ver.