O voceiro do Grupo Popular achegou ao goberno local un paquete de medidas que teñen por obxecto dar un respiro aos lucenses, autónomos e pymes da cidade. Entre as propostas económicas que presentan os populares figura, ademáis do aprazamento do pago de impostos municipais así como a revisión dos prazos doutras taxas e recibos que se veñen de anunciar, establecer a suspensión ou reducción de varias taxas e impostos xa que “estas non poden ser un problema engadido ao que xa estamos a vivir” reflexionaba o voceiro dos populares.
Entre outras rebaixas os populares citan “a reducción da tasa de lixo a locais, instalacións ou establecementos afectados pola suspensión de actividade incluida no “Estado de Alarma”.
Do mesmo xeito plantexan a suspensión do cobro das taxas por ocupación da vía pública con terrazas. Tamén, para aliviar a economía de fogares, empresas e autónomos, proponen aprazamentos nas cuotas de impostos e taxas como o IBI e a rodaxe.
O PP tamén pide ao concello de Lugo axilizar o pagamento a proveedores fronte ao Covid-19 manifestando que “neste momento o concello de Lugo ten que facer todo o que esté nas súas mans para aboar as facturas de servizos e suministros no mínimo tempo posible trala súa conformidade”.
Dende o PP tamén se solicita que se analice a diario a ocupación das liñas de autobuses e, se é preciso, se elabore un plan de reforzo extraordiario nas liñas que comunican a cidade co Hula co obxecto de asegurar a mobilidade do persoal e usuarios do centro sanitario con todas as súas garantías.
O voceiro popular puxo sobre a mesa a posibilidade de habilitar un número de teléfono municipal para que os veciños que o precisen, como maiores que viven sós, poidan pedir apoio para a compra de alimentos ou de mediciñas. Os populares tamén amosaron a súa preocupación polo centear de usuarios do SAF que se deron de baixa do servizo e reclama que de xeito inmediato o goberno local proceda a dotar con material suficiente ao persoal.
Por último, os populares tamén solicitaron incluir na página principal da páxina web do concello información, medidas, consellos e enlaces de interese sobre o Covid-19.
Mar 23, 2020 - 01:59 PM
Ande, estén caladiños a lo menos estos días, ande, fagan o favor.