O PP propón decomisar o diñero dos ‘gorrillas’ para destinalo a fins sociais

O Partido Popular de Lugo elevará ao vindeiro pleno a elaboración dunha nova ordenanza que poña coto á actividade dos gorrillas. O vicevoceiro da formación azul, Antonio Ameijide, manifestou que “un dos aspectos que debería figurar nesta norma é a posibilidade de permitir á Policía Local de Lugo decomisar o diñeiro que reúnan os gorrillas”. Os cartos, segundo propón o PP, destinaríanse para fins sociais en entidades sen ánimo de lucro.

O popular lanzou esta proposta logo de que a alcaldesa cuantificase o que cobran por esta actividade ilícita. Para Ameijide “tendo os datos xa calculados a señora Méndez non debería haber maior problema en incautar os cartos recaudados ilícitamente polos  gorrillas. Como saben o que cobraron tamén sabrá o que ten que recaudar”.

Os populares aseguran que esta nova norma será unha ferramenta de traballo indispensable para que a policía local poida actuar contra os que exercen esta actividade.  Os populares poñen como exemplo a cidade de Murcia que ten en estudo incautar os cartos recadados extorsionando aos veciños ou capitais como Sevilla ou Burgos que xa teñen normativas neste senso.

A agrupación lucense propón asemade que a ordenanza inclúa medidas de carácter social para ofrecerlles alternativas aos gorrillas para que abandonen esta actividade.

O vicevoceiro do PP agarda que o bigoberno teñan unha “maior sensibilidade” da que tiveron hai un ano con este asunto e lembrou como “no pleno celebrado o 25 de outubro de 2018 PSOE, BNG e Cs tumbaron unha iniciativa na cal solicitabamos unha ordenanza para combatir a actividade dos gorrillas”.

Segundo opinaba esta mañá o vicevoceiro popular “a alcaldesa segue instalada nunha actitude de queixa permanente, non asume responsabilidades e insiste en trasladar a solución dos problemas a outras administracións”. “Deixe de queixarse e busque solucións a este problema xa crónico dos gorrillas do Hula, xa non engana a ninguén”, concluía Ameijide.

Novas relacionadas

  1. Tedás Cuen
    Out 03, 2019 - 11:30 AM

    hai que escoitar cada cousa….

    Reply
  2. Domingo Rebolo Mourelos
    Out 03, 2019 - 09:13 AM

    🤦🏼‍♂️

    Reply
  3. ismael ov
    Out 02, 2019 - 01:56 PM

    @PPConcelloLugo É dotalos un uniforme que poña “recadadores de impostos”

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com