O PP propón reabrir os tres quioscos con aseo público e ampliar o seu catálogo de productos

O Partido Popular propón a reapertura dos tres quioscos con aseo público da Praza Maior, Santo Domingo e Praza da Milagrosa. A concelleira popular Mari Teijeiro explicou que esta petición responde “a unha demanda social que reclama aseos públicos na cidade xa que na actualidade se carece deste servizo”.

Os populares apostan por reactivar estas instalacións que lembran “levan catro anos sen funcionar, baleiras e cos baños pechados”, lamentando “o desinterese do goberno local á hora de recuperar estes elementos”.  “Consideramos que tiveron tempo suficiente para pensar en como recuperar os quioscos que hai en Lugo sobre todo tendo en conta as numerosas peticións que chegan de veciños, moitas delas a través da comisión de suxestións”.

Teijeiro explicou que hai dez meses os socialistas se comprometían a impulsar a recuperación dos quioscos pero “dende aquela non se deu nin o primeiro paso para sacar a concurso a súa xestión. O expediente nin tan sequera chegou ao servizo de Medio Ambiente que é o departamento encargado da confección da documentación para adxudicar este servizo”. Tras comprobar que se retirou o quiosco que había na Praza da Milagrosa, por mor das obras de remodelación deste espazo, a concelleira popular quere saber “se o goberno socialista mantén a súa postura ou se, pola contra, xa cambiou de opinión”.

Nese senso o PP presenta unha proposición para clarificar o futuro destas instalacións xa que “pensamos que se se manteñen os quioscos no espazo publico, hai que dárlles un uso para dar servizo á cidadanía e evitar que se deterioren co paso do tempo”. “Hai que evitar a toda costa que o seu abandono provoque unha mala imaxe aos veciños e os que nos visitan” en alusión a que son instalacións que están en puntos neurálxicos da cidade.

A proposta que se eleva a pleno ademáis contempla: levar a cabo as accións oportunas que permitan sacar a concurso público a súa xestión así como solicitar que se estude a posibilidade de diversificar a oferta de productos que se poderían vender nestes 3 quioscos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com