O PP proporá a dinamización do barrio da Tinería no vindeiro Pleno

O Grupo Municipal Popular propón dinamizar o barrio da Tinería, tamén dende o Concello de Lugo, para continuar coas acción que está a realizar a Xunta de Galicia. Así o explicou esta mañá o voceiro municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, quen lamentou que o equipo de goberno non cumpra coas súas obrigas neste barrio e proporá un Plan de Dinamización no vindeiro pleno co que pretenden reactivar o barrio e xerar negocios na zona, polo que, asegurou, “é preciso implementar incentivos fiscais dende o Concello para fomentar o emprendemento; así como para fomentar unha mellora no mantemento do barrio, na seguridade e na imaxe do mesmo”.

Ameijide remarcou que “o compromiso da Xunta pódese ver por calquera. Aos cartos xa invertidos hai que engadir a rehabilitación de cinco vivendas por valor de 815.000 euros e os 2 millóns de euros previstos para os dous vindeiros anos. Pero ademais, o compromiso do Goberno galego coa Tinería vese reflectido nas 13 vivendas que están en proceso de entrega aos seus adxudicatarios e os máis de vinte millóns de euros xa invertidos ao longo destes anos”.

Para o voceiro popular é moi clara “a nula aposta do goberno local por este barrio. Non só non están a facer nada, se non que nin se preocupan de mellorar o barrio para evitar que a xente se vaía”.

Ameijide denunciou que “ o equipo de goberno tería que preocuparse máis dos veciños da cidade. A aposta da Xunta permite que os alugueres na Tinería sexan moi asequibles, pero a imaxe do barrio que permite o Concello fai que os veciños prefiran pagar máis noutras zonas da cidade a vivir nun barrio senlleiro como é A Tinería”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com