O PP provincial denuncia a selección de dous excargos socialistas para as substitucións de veterinarios da Deputación

O grupo provincial do PP fixo pública hoxe en rolda de prensa, por medio do seu portavoz, Javier Castiñeira, do seu viceportavoz e do deputado Óscar Poy, a súa desconfianza ante do proceso selectivo para a substitución de veterinarios na Deputación de Lugo. Un proceso sobre o que os populares, á vista de que os dous primeiros clasificados son coñecidos socialistas que desempeñaron cargos públicos, teñen serias sospeitas, din, e que consideran pouco ético. O portavoz popular  considera “chamativo” que os dous primeiros seleccionados na lista sexan a exdeputada  do Parlamento de Galicia, Sonia Verdes; e o exconcelleiro de Medio Ambiente de Lugo,  Daniel Piñeiro.

Segundo os populares, este proceso aprobouse o mesmo día en que se declarou a situación de emerxencia sanitaria en Galicia e o día de antes de decretarse o estado de alarma; asemade, fíxose oficial, coa súa publicación o 6 de abril, en pleno confinamento. Neste sentido, algo que fai desconfiar aínda máis aos populares é que o 15 de marzo suspenderon as sesións plenarias así como as comisións informativas e a xunta de goberno da Deputación.

Os populares ven demasiados aspectos rechamantes neste proceso. Castiñeira sinala, entre outros aspectos coincidentes “curiosos” que no tribunal participase o director da granxa, “a punto de xubilarse” e que é un socialista que foi alcalde de Triacastela. O popular manifestou ademáis que “é certo que os dous sacaron as maiores notas, tanto no teórico como no práctico; vese que estiveron moi aplicados nese sentido e os dous tamén teñen máis méritos. Pero tamén os dous son os mellores na entrevista persoal, duplicando ao terceiro”.

“Dende o Partido Popular cremos que falta transparencia neste proceso; existen moitas coincidencias e o resultado é pouco exemplarizante para a Administración”. Á vista dos aspectos dados a coñecer, Castiñeira anuncia que a Administración necesita “moita máis transparencia e seguir investigando ante esta situación; agora o único que falta é que en poucos meses se xubilen dous veterinarios da Deputación de Lugo e que estes dous socialistas pasen a formar parte do cadro de persoal da institución, o cal remataría as coincidencias”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. José Manuel González Díaz
    Dec 21, 2020 - 10:16 PM

    Por que non mirades na Deputación, de Ourense?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com