O PP provincial esixirá “moito traballo” ao novo Goberno da Deputación

O Grupo Provincial do Partido Popular adianta que “imos ter un nivel de esixencia moi importante e pediremos moito traballo, xa que, probablemente, é o goberno con máis medios da historia”. Así o indicou a voceira do mesmo, Elena Candia, unha vez coñecida e valorada a proposta presentada polo presidente en canto aos medios organizativos, persoais e económicos que disporán, sobre todo, os dous grupos políticos que conforman o goberno da Deputación.

Tal e como anunciara en días pasados Elena Candia, de pedir “coherencia e proporcionalidade” aos dirixentes provinciais á hora de chegar a un acordo favorable na sesión de hoxe por parte do grupo que dirixe e representa, e dado que este se cumpriu, a voceira do PP manifestou publicamente o seu compromiso coa provincia, advertindo que “traballaremos co mesmo talante, aportando de maneira construtiva e insistindo neste nivel de esixencia”, pois a acción de goberno neste novo ciclo político, apuntou, “require un gran traballo”.

A este respecto, informou de que o PP contará con tres viceportavocías, que pasarán a estar ocupadas, por esta orde, polos deputados Javier Castiñeira, Agustín Baamonde e José Antonio García. “Entre os catro, distribuiremos as áreas de goberno para facer un intenso control e fiscalización, xa que este goberno conta con medios sen precedentes nesta institución para facer un bo traballo”, remarcou.

Novas relacionadas

  1. Maria D G Diaz
    Xul 31, 2019 - 05:40 PM

    claro agora esixiran o que non filleron eles

    Reply
  2. Luis Díaz
    Xul 30, 2019 - 08:11 PM

    Coma sexa igual que o nivel de esixencia que din ter coa corrupción, (dos seus) os do bipartito xa poden “traballar” coma lles pete .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com