O Grupo Provincial do Partido Popular súmase á petición do grupo municipal no concello lucense, e pide a Medalla de Ouro da provincia para Francisco Cacharro Pardo, logo do seu falecemento o pasado domingo.
A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia manifestou que o grupo provincial considera xusto que se recoñeza a traxectoria política de quen foi 24 anos presidente da Deputación lucense.
Elena Candia:
Pola sua banda, a voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, anunciou que o seu partido non dará o seu apoio nin aceptará, ningún tipo de condecoración institucional a Cacharro Pardo.
Abraira dixo que “non vai ser o Bloque Nacionalista Galego quen participe nesta ceremonia de quen utilizou esta institución como cortixo privado”.
Paz Abraira: