O Partido Popular de Lugo organizou este sábado en Navia de Suarna un Foro Social no que reafirmaron o seu compromiso coa ampliación e mellora dos servizos de benestar no rural galego e no lucense, en particular. Así o manifestaron a presidenta provincial do PP, Elena Candia e Jose Manuel Balseiro, neste encontro, no que, ademais, se comprometeron a seguir traballando con especial intensidade nesta lexislatura para que o conxunto dos galegos, con independencia de onde vivan, dispoñan das mesmas oportunidades e servizos.
“Unha das nosas principais medidas destes anos, e tamén nesta nova lexislatura, apuntou Balseiro, esta dirixida ás familias do rural, para que dispoñan das mesmas oportunidades, e para facer deste espazo un lugar atractivo na idea de vivir e formar unha familia”. E é que o reto demográfico é un gran desafío para as persoas que viven no rural, un entorno especialmente avellentado.
A este respecto, a dirixente do Partido na provincia destacou os pasos dados polo Grupo que lidera na Deputación para que este organismo avance na apertura das residencias da terceira idade, pero que, a día de hoxe, está paralizadas “por culpa de que o presidente segue sen facer os deberes”.
“Agardamos que, finalmente, o Sr. Campos exerza dunha vez por todas a súa competencia e inscriba a Sociedade Urbanística Provincial no REUPSS e desbloque así o procedemento que impide a súa apertura. De non facelo, estaría castigando claramente aos veciños desta provincia e aos traballadores que xa foron seleccionados e seguen á espera dunha solución ao respecto”, sinalou Candia.