O PP reafírmase na súa denuncia despois de que o Concello pagara outros 2,6M€ con reparos de legalidade

O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que o goberno local segue instalado “nas súas malas prácticas” ao aprobar un novo pago con reparos de legalidade, nesta ocasión por valor de 2.650.329,44€, o que deixa o total en 12.928.736,87€.

Segundo afirmou Ameijide, toma máis forza a denuncia presentada polo Grupo Municipal Popular no xulgado lucense polo xeito de xestionar a contratación no Concello de Lugo polo equipo de goberno socialista. O voceiro popular afirmou que a rexedora segue a “saltar a lei” mantendo empresas sen contrato que cobran millóns de euros sen contrato, senón que tamén “salta a lei de contratos” para asuntos menores, coma pagar obras de beirarrúas, pagar facturas do Arde Lucus, servizos de cátering, reprografía, alugueiros de equipos ou vestiario.

O popular recorda que presentar a denuncia “foi unha decisión dura, a única posible e é a última que nos quedaba” pero “vemos que aos socialistas non lles importa e que seguen nas mesmas”. Para Ameijide é unha decisión responsable porque “o PP ten a responsabilidade de defender os dereitos dos lucenses e fiscalizar as accións do goberno eso é o que fixemos con esta denuncia”.

Entre as principais facturas con reparos de legalidade sobresae, por enriba das demais o 1.115.624,20€ pagado a Urbaser, pagando ademais 725.013,56€ a Gestagua pola xestión da Edar e da Etap, 155.309,05€ a Tribugest pola xestión recadatoria ou 85.866,69€ a Cechalva polo servizo do guindastre, levando algún deles máis de sete anos caducado.

Antonio Ameijide asegura que se pon de manifesto unha vez máis a “nefasta” xestión económica dos socialistas á fronte do Concello de Lugo, unha xestión que ocasiona numerosos problemas aos provedores e empresarios que prestan servizos a este Concello, xa que ao remate do segundo trimestre (30 de xuño) había 10.624.926,21€ pendentes de pago.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com