O vicevoceiro do Grupo Popular presentou un rogo para que o goberno local inicie, canto antes, os traballos de consolidación e drenaxe da ladeira que asegura o mirador e a zona verde do Parque Marcos Cela á altura da Volta da Viña.
Ameijide salientou que “Agora que vai bo tempo nótase ainda máis a falla de accesos directos que comuniquen a cidade co río Miño e o da Volta de Viña é un dos que rexistra maior tránsito de persoas que saen a camiñar, a facer deporte ou que utilizan este paso para achegarse ao Miño”.
O popular indicou que as escaleiras da Volta da Viña “nunca foron seguras xa que rematan en plena calzada, na rúa de Santiago, que é unha das principais entradas á cidade e que rexistra un importante tránsito de vehículos ademáis de coincidir nunha curva peligrosa”. Antonio Ameijide mesmo lembrou unha proposta do seu grupo que suxería “a construción dunha beirarrúa, que comunicase estas escaleiras coas vivendas que están xunto ao balneario para facer un itinerario seguro”.