O Grupo Municipal Popular leva varias queixas veciñais recollidas nas últimas semanas sobre o estado de abandono de espazos verdes como a Carballeira de Fingoi e a Área Recreativa do Castiñeiro. Estas iniciativas forman parte do traballo de escoita activa que o PP desenvolve co obxectivo de ser “parte da solución e correa de transmisión entre os veciños e os órganos municipais competentes”, declaran.
Na Carballeira de Fingoi a edil do PP sinala que “un dos principais espazos de lecer ao aire libre da cidade, os elementos de ximnasia presentan un estado de abandono evidente: están sucios, sen mantemento e, en moitos casos, inutilizables. Tamén a varanda do sendeiro paralelo precisa reparacións urxentes”.
A situación repítese “no Parque do Castiñeiro, onde bancos e mesas do merendeiro están cheos de verdín, deteriorados e sen condicións para uso cidadán. Lugo merece espazos coidados e seguros”, explica a edil do PP.
“E mentres non se coidan os espazos naturais, seguimos sen saber por que se talaron árbores no parque de Rosalía. Pedimos explicacións ao
goberno local o 18 de marzo e seguimos esperando resposta”, conclúen.