O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López reclamou hoxe ao goberno local que “antes de sacar a maquinaria que está traballando na zona do Rego do Espiño asfalte o tramo de 100 metros que, sorprendentemente, non figura no proxecto co obxecto de completar o arranxo deste núcleo”.
O Partido Popular pide á alcaldesa de Lugo que “tome as rendas do Concello e que non descargue responsabilidades no BNG xa que esta
obra depende da área nacionalista de infraestructuras”. Deste xeito, Manuel López esixía a Lara Méndez que “asumise o mando para que non se repitan cacicadas en obras do rural xa que tanto da se son concelleiros socialistas como nacionalistas , todos eles parecen seguir a
piés juntillas o manual do cacique moderno que redactou Liñares, a man dereita dun dos padriños políticos da alcaldesa”.
Dende o Partido Popular din estar preocupados porque “a folla de ruta que marcou neste mandato o bigoberno no rural de Lugo está xerando continuamente conflictos cos veciños”.