O Grupo Municipal do PP anunciou hoxe que se retira da Comisión das Festas deste ano logo de que o BNG lles negase ata en cinco ocasións a información que solicitaron sobre as contas do San Froilán de 2023.
Os populares consideran que a negativa a proporcionar os detalles económicos das patronais “é unha grave infracción dos principios de xestión pública e proba a falta de transparencia do goberno de Lugo polo que decidiu, por un lado, como protesta polo escurantismo do BNG abandonar a comisión de festas, e por outro lado, para defender os seu dereitos, solicitar o amparo da Valedora do Pobo”.
“Sentímonos agraviados pola falta de transparencia xa que sen esta información se limita a nosa capacidade para adoptar decisións e se están violando os nosos dereitos, o que impide unha participación política efectiva”.
No escrito que se presenta diante da Valedora do pobo para que revise o que os populares consideran “prácticas abusivas e escurantistas” se enumera de forma cronolóxica as veces nas que reclamaron as contas do San Froilán:
- 24/06/2024 rexistramos petición de acceso e copia das contas das festas del San Froilán do año 2023
- 25/06/2024 sendo as 11:00 horas tivo lugar a Comisión de Festas do San Froilán con representación do BNG, PSOE e PP. Non se proporcionou información ao respecto.
- 28/06/2024 reiteramos solicitude de acceso ás contas, dirixida aos servizos económicos municipais, pois así no lo indicou a área del Cultura. Non obtivemos resposta.
- 31/07/2024 A concelleira de área de cultura, Dona Tareixa Ferreiro, fainos saber de xeito oral, que descoñece cando nos poderán facilitar as contas, xa que na área de Cultura hai xente de vacacións, de baixa ou conciliación, e que, “ademais, hai cousas que temos no portal de contratación”.
- Ante esta resposta, solicitamos que se nos conteste por escrito, ao igual que nós temos que pedir por escrito as solicitudes. Ese mesmo día, recibimos un correo desde el área de Cultura indicando a falla de persoal
Esta última resposta na que din “descoñecer cando poderán facilitar as contas debido á falta de persoal” é unha estratexia de evasión que o único que xera é máis desconfianza. Non teñen vontade política de render contas e facilitar a supervisión e control por parte da oposición.
Resulta unha tomadura de pelo que a 2 meses do San Froilán non haxa información das contas e que vaian a presentar as patronais sen dar conta do gastado na anterior edición