O PP reitera a necesidade de implicar á cidadanía nos actos do Día da Muller

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Macamen López, explica que as propostas que realizará o seu grupo de cara ao vindeiro 8M, Día Internacional da Muller, serán as mesmas que xa se propuxeron con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, xa que esas medidas “caeron nun caixón” para do Goberno “polo que reiteramos esas propostas” xa que son necesarias.

Macamen López sinala que a primeira medida que tería que acometer o goberno local sería a ampliación do horario da Casa da Muller xa que na actualidade so atende en horario de oficina (08:00 a 15:00 horas de luns a venres). “Por desgraza temos que seguir lamentando novas vítimas de violencia de xénero, polo que as mulleres precisan axuda 24 horas os 365 días do ano, polo que é preciso aumentar o horario da Casa da Muller”, sinala.

A concelleira popular tamén recorda as medidas xa explicadas con motivo do 25N, entre as que se atopaban a organización dunha actividade interxeracional que teña por obxecto a prevención da violencia de xénero, xa que “temos que ter en conta que a loita contra esta lacra é unha responsabilidade de toda a sociedade”, polo que é moi importante “sensibilizar e implicar” a todas as persoas, con independencia da súa idade, en que o principio de igualdade debe prevalecer sobre os comportamentos machistas para “desbotar os estereotipos de xénero” e poñer en valor o traballo das mulleres así como o seu empoderamento.

Estas actividades consistirían en talleres de prevención de violencia de xénero, que se poderían celebrar nos centros sociais municipais, no centro de día Antonio Gandoy e na escola infantil Serra de Outes, abrindo estes espazos á sociedade no seu conxunto.

Ademais destas medidas, a concelleira do Grupo Municipal Popular quere impulsar actuacións como que o 8 de marzo os empregados públicos poidan ver na pantalla dos seus equipos informáticos unha mención específica ao Día Internacional da Muller, algo que tería que ir da man de que o Concello de Lugo impulse un grupo de traballo sobre a violencia sexual dentro do Observatorio Galego de Violencia de Xénero.

Macamen López sinala que o deixamento do bigoberno neste eido chega ata o punto de que es “escudan” nun imprevisto administrativo para manter a Lugo fóra da Rede de Entidades Locais Contra a Violencia de Xénero, un imprevisto que “ían solucionar nun prazo breve de tempo” e que consiste en que a alcaldesa envíe unha carta á  Fegamp solicitando a adhesión. Algo que se une a que Lugo tamén segue fóra do VioGén, pese a que en outubro do ano pasado o pleno aprobou por unanimidade a adhesión do Concello, a iniciativa do Partido Popular.

“Se de verdade tiveran preocupación neste eido traballarían para poñer en marcha todas as iniciativas existentes para loitar contra esta lacra, en lugar de meter nun caixón aquelas que proveñen de grupos ou partidos que non son afíns as súas ideas”, sentenciou.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Feb 24, 2020 - 03:08 PM

    Esta tal Macamen si se deixara de parvadas e se puxese a traballar no seu posto de médica da seguridade social, canto mellor lle iria. Coñezo xente que está o seu carón laboral que di que sempre está de Baixa, e sempre hai que desviar pacientes do seu cupo a otros médicos. O de parvadas é porque resulta curioso ver cómo entende o seu partido a defensa da muller traballadora ou maltratada.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com