O PP solicita convocar a Xunta Local de Seguridade para desbloquear o uso do aparcadoiro do IES Virxe dos Ollos Grandes

O Grupo Municipal Popular de Lugo solicita a convocatoria da Xunta Local de Seguridade “no prazo máis breve posible” para aprobar o convenio entre o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia que permitirá a apertura do aparcadoiro do IES Virxe dos Ollos Grandes en horario
compatible coa actividade lectiva.

Os populares sinalan que “o 26 de setembro acadouse un acordo unánime no pleno do concello de Lugo no que se indicaba a necesidade deste convenio para abrir este espazo ao público pero tiveron que pasar catro meses para que o concello enviase á Xunta este documento (o borrador do convenio enviouse o 23 de xaneiro). En sete días a administración autonómica constestoulles remitindo ao Concello, o pasado 31 de xaneiro, o documento coas modificacións pertinentes, para facilitar a súa tramitación e aprobación”.

A portavoz do Grupo Municipal Popular, Elena Candia, sinala que “a existencia deste convenio é un paso fundamental para garantir a seguridade xurídica deste espazo para que se poida utilizar fóra do horario lectivo. PSOE e BNG anunciaron que a aprobación deste documento tiña que contar coa validación da xunta local de seguridade e, por ese motivo, reclamamos hoxe por escrito nunha carta dirixida tanto a socialistas como nacionalistas a súa convocatoria”.

Os populares destacan “a importancia de seguir avanzando en proxectos que redunden no beneficio dos lucenses e manifestan a súa total
disposición para colaborar na axilización deste proceso lembrando que con esta infraestrutura se ampliarán as prazas de estacionamento
dispoñibles nunha zona de alta demanda”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com