O Partido Popular presenta un rogo para Reclamar a eliminación da pintura azul nos aparcadoiros da ORA en Lugo, a pesar de que o servizo
está suspenso desde xuño de 2015.
“Pedimos que se borren estas marcas para evitar equívocos ás persoas que nos visitan e que non saben que na nosa cidade non se paga por aparcar. Despois de 8 ANOS, é hora de tomar medidas para evitar malentendidos”, sinalan.
“Estas imaxes reflicten a deixadez do goberno local que mantén unha sinalización dun servizo que non existe”, conclúen.