O PP solicitará a creación en Lugo dunha Oficina Municipal Anti Okupa

O Partido Popular propón ao goberno local que adopte medidas contra a ocupación ilegal de vivendas xa que nos últimos tempos cada vez se detectan máis casos en barrios como o da Milagrosa, Feijóo e As Gándaras o que provoca “a degradación das condicións de vida destas zonas”.

O voceiro popular que se reuniu, xunto con concelleiros do Grupo, con veciños afectados pola ocupación de varias vivendas neste barrio avanzou que o PP presentará unha iniciativa para que se cree unha oficina de asesoramento e apoio a propietarios de vivendas afectadas por ocupacións irregulares.

Os populares destacan que sería importante que desde un departamento do Concello, como podería ser asesoría xurídica ou o que se considere oportuno, se cree unha figura de asesoramento aos afectados para darlles as posibles opcións a tomar. Doutra banda, tamén sería preciso que se incrementase a presenza policial nos barrios para tentar disuadir a quen tente ocupar unha vivenda. 

“É preciso que se adopten medidas destinadas a apoiar e asesorar ás persoas afectadas para que poidan recuperar as súas vivendas o antes posible” matizando que “hai casos nos que nos atopamos con veciños que poden non ter recursos suficientes para poder pagar a un especialista cando o tempo é un factor determinante para resolver as ocupacións” e que precisan dun asesoramento municipal urxente para saber como actuar.

Antonio Ameijide explicou que, en paralelo, solicitarán que se estude a situación das persoas que ocuparon as vivendas para ver se son familias con necesidades ás que tamén habería que dar unha resposta desde servizos sociais. Para o PP é preciso tomar cartas neste asunto para poñer coto a posibles mafias como a banda organizada que extorsionou en Lugo a donos de varios pisos alugándoos para logo non pagar e esixir cartos aos propietarios para marcharse dos pisos.

Os populares destacaron que a inacción do goberno socialista, diante do asalto de propiedades privadas, mesmo está a provocar que os donos recurran ao tapiados dos inmobles para impedir o acceso de extraños. A oficina que propón o Partido Popular debería efectuar unha análise das vivendas ocupadas “debemos ter unha base de datos que sitúe os puntos máis conflictivos do Concello e deste xeito cortar o efecto chamada que podería producirse se non se toman medidas contra a ocupación ilegal”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com