O PP teme pola seguridade de Lugo ao non reforzar os sevizos de Policía Local e Bombeiros

O viceportavoz do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, lembra que Lara Méndez segue sen actualizar o Plan Municipal de Emerxencias, cuxa última actualización data do 23 de maio de 2007, e a pesar de que hai un acordo plenario de abril de 2018, a iniciativa do Grupo Popular, para renovar este documento. Rozas explicou que “é unha responsabilidade das corporacións locais, a actualización deste documento” e que, a día de hoxe, “Lugo non está preparado para afrontar os riscos que poidan aparecer”. Neste sentido, o viceportavoz popular lembra que os socialistas “lle puxeron prezo á seguridade dos lucenses” no pleno de abril de 2018 ao votar en contra da actualización deste documento, no que aínda non aparecen infraestruturas que hai na cidade e que ademais esquece barrios completos de Lugo.
O Plan de Emerxencias Municipal é un manual básico para atender, con garantías, as emerxencias que poidan aparecer no termo municipal e que sexan susceptibles de ser controladas, exclusivamente, polos servizos operativos locais (Policía Local, Bombeiros, Protección Civil…).
Para o popular “non é unha sorpresa” o “desinterese” que mostra o goberno local en materia de seguridade, xa que “seguen sen reaccionar” para dotar á Policía Local dunha estrutura jerarquizada e dun número de efectivos suficiente, o que levou a situacións como que en quenda de mañá só haxa unha parella de axentes de patrulla na cidade; situación que tamén se vive no seo dos bombeiros, cuxa falta de efectivos fai que non poidan atender dúas alertas simultáneas en Lugo.
Enrique Rozas explica que o Plan de Emerxencias actual non se corresponde coa realidade porque, por unha banda, está feito para afrontar situacións que afectan á poboación que Lugo tiña no ano 2006 (92.000 habitantes) cando, na actualidade, Lugo supera os 98.000 habitantes, 6.000 persoas máis e, por outra banda, que o número de efectivos cos que conta a día de hoxe a Policía Local e os Bombeiros fan que sexa “imposible” atender dúas incidencias á vez na cidade. O viceportavoz popular explicou que “os socialistas son coñecedores desta situación” xa que a renovación do PEMU “foi unha das súas promesas electorais en 2015, cando se comprometeron a revisar e mellorar o Plan de Emerxencias de Protección Civil”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. @Donatelo
    Xan 24, 2019 - 06:36 PM

    @PPConcelloLugo 4 nombramientos infructuosos….que pasa en la Policia Local de Lugo que nadie quiere… https://t.co/dIJVpDSF2K

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com